ARQUITECTURA POPULAR EN GALICIA

 
24/04/2007
rústica con solapas, 240 páginas
Materia: Arquitectura.

ISBN: 84-9782-463-6

Autor: Pedro De Llano
Arquitectura popular en Galicia é a nova edición dun libro clásico, publicado hai xa máis de vinte anos, que agora Xerais recupera, revisado e actualizado polo seu autor, o arquitecto Pedro de Llano. Trátase da edición dun título emblemático, varias veces esgotado, que hoxe se complementa con novos apartados que posibilitan unha lectura actual da arquitectura anónima que foi obxecto do estudo deste libro. A intención da nova edición que Xerais saca á luz é revitalizar esta apreciada e transcendental investigación para situar o rico acervo da arquitectura popular no noso actual contexto temporal, aceptando que se ben resulta incuestionable que, na súa globalidade, toda arquitectura deberá desaparecer unha vez esvaecidos os usos que lle deron vida, esas austeras construcións populares, que intelixentemente rehabilitadas poderían manter a súa funcionalidade como contedores de vida por un longo período de tempo, teñen aínda moitas cousas que ensinarnos.Co tratamento gráfico de Alfonso Salgado e fotografías de Juan Rodríguez, Arquitectura popular en Galicia afronta esta nova edición actualizada desde o convencemento de que, ao longo de todos estes anos, o libro logrou que medrase en Galicia o interese pola transcendencia cultural das edificacións anónimas, ás que Pedro de Llano dedicou un longo período da súa vida, buscando entre os seus muros os segredos da racionalidade. Por iso hoxe, a esta nova edición, o autor engádelle unha importante reflexión persoal sobre o interese da súa potencial rehabilitación e o posible proveito do seu estudo como base de apoio para o traballo creativo dos arquitectos


Precio: 38.00 36.10
No Disponible 
si está interesado, apuntese al sistema de avisos

Producto anterior
PORTUGALIZAR PORTUGUES PARA GALEGOFALANTES
Producto Siguiente
EL COLEGIO
Contactar / Sistema de subscripciones / F.A.Q. / condiciones de compra / Seguimiento de pedidos
Dreamers Networks S.L., Cif: B92170679. C/ Cuarteles, 41, bajo izq. 29002 - Málaga.
Horario de tienda en Málaga: L-V 10:00 a 14:00h, 17:00 a 20:30h, S 10:00 a 14:00h
Atención telefónica: 902 108 156 L-V: 10:00 a 14:00h, 17:00 a 20:00h
(*)Dias de envio referidos como dias laborables para envios a peninsula o baleares. Nuestros envios a la península van por MRW 24 horas para recibirlo al dia siguiente.
(**)Las ofertas de gastos de envio gratuitos o rebajados se aplican al pedido completo y sólo son válidas para envios nacionales.